Figueroa aposta por Louzán á fronte do partido provincial

     PONTEVEDRA> O vicepresidente da Deputación asegura que Rafael Louzán está respaldado polos resultados electorais e conta ademais co apoio de tódolos compañeiros.

    {flowplayer}images/salnes/LouzanCongresoPP.flv{/flowplayer}

    Máis de 700 persoas de toda a provincia de Pontevedra acudirán ó congreso rexional do Partido Popular que se celebrará esta fin de semana en Lugo. Un congreso de reafirmación ó que o Presidente Provincial chega fortalecido polos últimos resultados electorais. Así o dixo esta mañá o vicepresidente da Deputación Chema Figueroa, quen aposta abertamente pola continuidade de Rafael Louzán.

     Con estas palabras deixaba clara Chema Figueroa a súa postura. Unha aposta clara e decidida pola continuidade de Rafael Louzán á fronte da entidade provincial. Aválano, segundo o vicepresidente, os últimos resultados electorais, igual que ocorre co Presidente da Xunta.

    Están orgullosos do traballo ben feito e tratarán de continuar nesa liña de cara ás próximas citas electorais, para as municipais dous obxectivos claros, Pontevedra e Vigo.

    Neste congreso Pontevedra ten un gran peso xa que é a provincia con máis representantes, ó ser a que ten maior afiliciación. Vigo, Pontevedra, Lalín e Vilagarcía son os concellos que máis compromisarios aportan.

    Redacción Salnés