Durán: ‘A solución é o confinamento domiciliario’

O SALNÉS> O alcalde de Vilanova é partidario dun confinamento domiciliario. Gonzalo Durán entende que é o único remedio para frea-lo avance da pandemia. En Vilanova hai hoxe 35 casos activos, un máis ca onte.

Tamén o alcalde de Sanxenxo é partidario de endurece-las medidas para frea-lo virus. Na localidade hai hoxe 14 casos máis ca onte, situándose xa nos 64. Así e todo, Telmo Martín non se pronuncia, polo de agora, sobre a posibiliade de confinar á poboación.

En Vilagarcía, entre tanto, o coronavirus tamén continúa en expansión. Hoxe a cidade acada os 148 casos, 9 máis ca onte, e unha alta incidencia acumulada. O alcalde volve facer un chamamento ós veciños para que extremen as precaucións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí