A recuperación da caza menor foi o eixo da V edición das xornadas de Cinexética

    cinexetica100_09.06.08.jpgPORTAS > O auditorio de Portas acolleu esta fin de semana a quinta edición das xornadas sobre xestión cinexética e medio Ambiente.

    Durante toda a mañá do sábado sucedéronse diferentes actos e conferencias sobre a caza en Galicia. Unha modalidade que está a perder forza nos últimos anos. Para iso nestas xornadas anunciouse a posta en marcha dun plan de recuperación da caza menor para reactivar esta práctica devanceira.

     A  caza menor en Galicia diminuíu considerablemente en Galicia nos últimos anos debidos os profundos cambios que se produciron no sector primario na nosa comunidade, tales como a desaparición dos cultivos de cereal, a intensificación da gandería e pesticidas. Por iso se fan necesarios os traballos de repoboación e protexer as zonas con hábitat favorable para as perdices e coellos e mantelos así no tempo.

    Con estes obxectivos se abordou a quinta edición das xornadas sobre xestión cinexética e medio ambiente, presidida polo presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez e o director xeral para a conservación da Natureza, José Benito Reza, quen destacou a importancia do plan que se vai a impulsar para a recuperación da caza menor en Galicia e da necesidade do esforzo de todos

    A implicación dos cazadores no proxecto é imprescindible, con ese obxectivo e contribuír na divulgación da caza menor dun xeito práctico e didáctico presentouse durante as xornadas, un DVD titulado “bases para un plan de recuperación das poboacións de coello e perdiz rubia en Galicia", editado pola federación galega de Caza.

     Redacción Salnés