O GROVE> Boa nova para os compradores pero moi mala para os que viven da súa venta.
{flowplayer}images/salnes/ReunionBaixada_191112.flv{/flowplayer}
Tras quince días despois da apertura da campaña da centola xa se poden ir sacando as primeiras conclusións. Na lonxe de O Grove, un dos portos de referencia na venta desta crustáceo, os prezos oscilaron estes días entre os 10 e os 13 euros por quilo no primeiro mío. Facendo a comparativa co 2011 os datos son alarmantes, xa que o ano pasado custaba o dobre.
A calidade e a cantidade de producto é boa pero a crise fai que se pague menos por ela. Sen embargo, esta baixada de prezos non afecta por igual a tódalas especies.
A reunión que mantiveron os representantes das confrarías da Arousa coa conselleira do Mar, estaba dirixida precisamente a tratar de atopar solucións a estes problemas, que repercuten nas ganacias dos mariñeiros e mariscadores. O pago subvecionado da seguridade social ou o paro tamén subvencionado nos meses de menor traballo foron algunhas das peticións, se ben en moitos sectores opinan que hai máis problemas ca eses.
Con todo dende a confraría do Grove prefiren ser optimistas e centrarse nunha campaña de Nadal que sempre é fuctífera.
Redacción Salnés