A Ruta do Padre Sarmiento en FITUR

    A Mancomunidade do Salnés presenta en FITUR a Ruta do Padre Sarmiento, un camiño a Compostela pola comarca que rememora a última viaxe deste ilustrado que pasou gran parte da súa vida en Pontevedra.

     

    A Ruta consta de 190 quilómetros, de dificultade baixa, que transcorren os municipios de Pontecesures, Valga, Catoira, Vilagarcía, Vilanova, A Illa, Cambados, Sanxenxo, Meaño, O Grove y Poio bordeando la costa, seguindo o itinerario que trazou Martín Sarmiento en 1745.

    A ruta sinalizarase no Salnés con medio millar de indicadores para que os viaxeiros non se perdan, a pesar de que, coa excepción de pequenos tramos como os de O Rial e Corvillón nos que se fai obrigado subir á estrada, o resto pódese facer practicamente toda polos sendeiros litorais.

    A ruta do Padre Sarmiento únese deste xeito á Variante Espiritual, que une Pontevedra co peirao de Vilanova de Arousa que xa puxera en marcha fai dous anos a Mancomunidade.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/22/mancomunidade_salnes_fitur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/22/mancomunidade_salnes_fitur.mp4{/flowplayer}