O prezo mínimo da uva subirá esta colleita un 2%

    mesa_vino_100_170609.jpgPONTEVEDRA> A Mesa do Viño da D.O. Rías Baixas acordou por unanimidade renovar os contratos homologados ata o 2011.

    {flowplayer}images/salnes/170609_mesa_vino.flv{/flowplayer} 

    Adegueiros, viticultores, sindicatos e Consello Regulador da DO Rías Baixas acordaron por unanimidade renovar os contratos homologados por un período de tres anos. Durante a xuntanza celebrada na delegación da Xunta en Pontevedra, as partes aprobaron unha subida dun 2% no prezo mínimo da uva para vindeira colleita. De cara ó 2010 e 2011, o incremento virá estipulado pola suba do IPC.

    Tódolos sindicatos representados na mesa do Viño amosáronse satisfeitos con este acordo. Coinciden en que a subida dos prezo mínimos dotará de maior estabilidade ó sector, e permitirá ós viticultores enfrontar máis folgadamente o incremento dos custes de produción.

    Outro dos acordos acadados pola Mesa de Seguimento foi a posta en marcha dun estudo no que se definan os diferentes custos de produción nas plantacións das Rías Baixas. Segundo o xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Gerardo Zugasti, estas contías varían dunhas a outras subzonas da DO, polo que esta análise permitirá coñecer os parámetros a ter en conta á hora de fixar o prezo da uva, para poder aplicalo sen futuras revisións destas cotas. O estudo podería estar listo no prazo dun ano ou ano e medio.

    Redacción Salnés