O alcalde de Pontevedra suspende o pleno ó non contar co apoio do PSOE

    plenopontevedra_100_090707__still_003.jpgPONTEVEDRA > Moitos gobernos locais continuan sen chegar a acordo para aprobar soldos e a organización dos concellos.

    O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, decidiu suspende-lo pleno convocado para esta mañá e no que se ían aprobar puntos decisivos para o funcionamento futuro da institución, como a formación de comisións, fixación do día en que se van celebrar os plenos ou as dedicacións exclusivas.

    Ó ver que non ía contar co apoio do PSOE e para evitar unha derrota Lores suspendeu a sesión coas queixas do PP, que lamentou que se convoquen e desconvoquen plenos baseándose no que sae na prensa. Facía referencia Telmo Martín á ruptura das negociacións e á falla de diálogo existente entre os que deberían ser compañeiros de goberno. Os populares querían debate-los puntos e expoñe-las súas propostas, pero non tiveron ocasión.

    Sen soldo

    E en Caldas o alcalde quedou sen soldo ó retirarlle a oposición a dedicación exclusiva nun pleno celebrado o venres. Juan Manuel Rey asegurou que non negociará o soldo coa oposición e que seguirá traballando como profesor.

    O rexedor indicou que ‘leva once anos traballando polo Concello sen dedicación exclusiva’ e tranquilamente pode perpetuarse nesa situación, anque anunciou unha rolda de prensa para mañá sobre este tema no que aclarará máis cuestións e posiblemente tamén fale sobre o gasto de 7.000 euros en chamadas ó programa de televisión ‘Son de Estrelas’, no que participaba unha veciña.

    Redacción Salnés