Proposta de EU para as taxas e impostos municipais

    eutaxas100.jpgVILAGARCIA > Esquerda Unida fai unha proposta alternativa para as taxas e impostos municipais.

    Pensa que o goberno municipal se equivoca ao non iniciar un debate político por este motivo, e pretender que sexa tan só un debate técnico, polo que EU recorre ao trámite das alegacións para facer as súas propostas.

    Entre os cambios que propoñen dende EU para as taxas e impostos municipais, consideran necesaria a redución do IBI e a realización dun estudo de Vilagarcía por zonas.

    Fajardo asegura que o concello de Vilagarcía non aplica as bonificacións a familias necesitadas, pois só se benefician delas, a xente que está case na indixencia. Coa máxima presente de “quén mais ten, mais paga”, Esquerda Unida pretende levar a cabo a eliminación de casos como o pago das compulsas esixidas polo concello, os informes de atestados, que tamén hai que pagalos. Ou o pago do imposto da auga a familias con necesidades sociais comprobadas.

    Como exemplo, EU falou do imposto da recollida de vasoiras, que debería ser equitativa, por exemplo que pagara máis un banco ou caixa, que un colexio, aínda que o colexio crea máis vasoira, o poder económico dun banco é maior.

    Pero para Esquerda unida a xoia da coroa é o IBI e asegura que o goberno local está moi lonxe da realidade que supón chegar a fin de mes para algunhas familias.

    Redacción Salnés