POBRA> A competición, a terceira regata puntuable do calendario da Liga Galega de Traíñas, terá lugar o próximo sábado 12 de xullo, ás seis da tarde. Baixo a organización do Club de Remo Puebla e o patrocinio do concello pobrense, o próximo sábado 12 de xullo disputarase na dársena portuaria da localidade a novena Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal de traiñas. A regata forma parte do calendario da Liga Galega de Traíñas A. A competición, como en anos anteriores farase sobre unha distancia aproximada de tres millas repartidas en dúas quendas de catro rúas cada unha, realizándose seis longos. A regata da Pobra será a terceira das que se levan disputados, despois de Sanxenxo e o Grove, e nela tomarán parte un total de oito clubs. Ademais do anfitrión, Pola súa banda o alcalde, Isaac Maceiras, destacou o importante labor que realiza o Club de Remo Puebla ó longo do ano, animando ó veciños a acudir este próximo sábado ata a dársena portuaria para presenzar esta cita deportiva, e de paso animar ós remeiros da localidade para que acaden o mellor posto posible. A contía destinada a premios ascende ós nove mil euros.
Inicio Deportes