O Xuven fracasa no seu intento de ascenso a Liga EBA

baloncesto250_090608.jpgCAMBADOS > Rematou definitivamente o soño do ascenso para o Xuventude. Os cambadeses voltan da fase de ascenso con tres claras derrotas que deixaron constancia do longa que se lles fixo a temporada. A Liga EBA deberá agardar canda menos un ano máis.

Non puido ser. O que nun principio semellaba un soño rematou por ser un pesadelo, xa que o Establecimientos Otero non tivo prácticamente opción algunha de victoria en ningún dos tres encontros que disputou.

No primeiro deles tocoulles bailar con, a priori, a máis fea: o Leclerc Vitoria. O conxunto vasco exercía de anfitrión e partía como favorito por ese factor e pola calidade e xuventude dos seus xogadores. Os de Diego Doval aguantaron durante os dez primeiros minutos pero chegaron xa 13 abaixo ó descanso. Tras unha segunda metade fatídica o 93-58 final falaba por sí só.

Pese a derrota o segundo encontro antollábase como clave, xa que podían aínda optar ó ascenso pasando coma segundo. Peero tampouco foi posible. Enfronte estaba o Merkamueble, ó que dominaron ata o descanso ó que se chegou con 35-41 para os cambadeses. Na segunda metade, a defensa frouxeou totalemente, encaixando 59 puntos que foron decisivos. Ó final 104-80 e tódolas opcións botadas por terra.

No encontro de onte, xa sen nada en xogo notouse sobre o parque de Landázuri o pesimismo do equipo, que tamén caeu co Estela por 72-91. Desta volta, tras unha moi mala primeira metade.

Os dous conxuntos cántabros, Estela e Merkamueble serán finalmente os dous equipos que ascendan a EBA. O Xuven deberá agardar canda menos unha temporada máis, despois de que este ano se lles fixese demasiado longo, física e mentalmente.

Redacción Salnés