Este próximo domingo disputarase a terceira edición da Mini BTT Sonense

PORTO DO SON> Este próximo domingo disputarase a terceira edición da Mini BTT Sonense. A proba, organizada polo Club Ciclista Sonense en colaboración co Concello, prevé unha participación duns catrocentos ciclistas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia.

O circuito de Chans da Raña, na parroquia de Baroña, será escenario este domingo da III Mini BTT Sonense. Unha proba que co paso dos anos está a adquirir maior protagonismo e na que se agarda unha participación próxima ós catrocentos ciclistas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia. A carreira está integrada na categoría promoción, que engloba dende benxamíns a infantís, tanto masculinos coma femininos.

Dende o Concello quixeron destacar o traballo que realiza o Club Ciclista Sonense, fundamentalmente coa base.

Ademasi do Concello, colaboran coa proba a Federación galega de Ciclismo, a Xunta de Galicia a través do Deporte Galego e a Deputación da Coruña.