PONTEVEDRA > O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores recibíu hoxe na Casa Consistorial ó, dende hai uns días, Campión do Mundo de TriIatlón, Javier Gómez Noya. O atleta ferrolán, afincado dende hai anos en Pontevedra, amosouse moi satisfeito polo título acadado e dixo que agora centrarase en prepara-los vindeiros Xogos Olímpicos de Pekín.
Javier Gómez Noia foi hoxe recibido no concello de Pontevedra como un auténtico heroe despois da súa victoria da pasada fin de semana en Vancouver. O pontevedrés de adopción non para de sumar éxitos á súa meteórica carreira que o levou a ser, entre outros títulos, campión da copa do mundo no 2006 e 2007, e campión de Europa o ano pasado. Vinculado durante estes últimos anos á cidade do Lérez, dende onde prepara a maior parte da temporada, di sentirse aquí coma en casa.
Visto o visto, Gómez Noia é seguramente a opción de medalla máis probable e fiable para España nos Xogos Olímpicos de Pekín e con ese obxectivo está traballando nestes meses. Para iso disputará a proba da Copa do Mundo de Hamburgo o vindeiro 5 de xullo, e podería tamén competir en Hungría o día 13 se ve que vai xusto de forma. Con todo, é optimista de cara á cita olímpica.
Se nada raro sucede é practicamente seguro que vexamos a Gomez Noia no podium de Pekín, por algo é o mellor triatleta do mundo. Dende aquí mandarlle a nosa máis sinceira felicitación polo título acadado e todo o noso apoio para as vindeiras competicións.
Redacción Salnés