RIBADUMIA > A Copa do Futuro da Deputación de Pontevedra reúne esta fin de semana en Ribadumia a 300 rapaces de entre 5 e 7 anos. Os partidos disputaranse no campo de fútbol de A Bouza, en Barrantes.
{flowplayer}images/salnes/COPA_FUTURO_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}
RIBADUMIA > A Copa do Futuro da Deputación de Pontevedra reúne esta fin de semana en Ribadumia a 300 rapaces de entre 5 e 7 anos. Nesta fase participan 16 equipos distribuídos en catro grupos, e nela estarán representados tódolos municipios da comarca do Salnés. Para a organización isto demostra o apoio de concellos e entidades privadas, como Caixanova, co deporte base.
Os partidos disputaranse no campo de fútbol da Bouza, en Barrantes. O sábado haberá encontros desde as dez da mañá ata as oito da noite, dos que seguirán en lida os dous primeiros de cada grupo. O domingo a partir das dez disputaranse os cuartos, as semifinais e un encontro para determinar o terceiro e cuarto posto, e logo á unha será a final.
Os tres primeiros irán á fase final que se disputará en Vigo o 28 e 29 deste mes. A Copa do Futuro reunirá nesta segunda edición a máis de 2.000 nenos de toda a provincia de Pontevedra.
Redacción Salnés