Alerta de medidas urxentes para o comercio do Salnés

    consorcio100_12.06.08.jpgVILAGARCÍA > Os presidentes da Cámara de Comercio de Vilagarcía e do Consorcio de Comerciantes do Salnés valoraron hoxe …

    …nunha comparecencia a situación de crise que atravesa o sector do comercio na comarca. As ventas descenderon un 30% e os peche de negocios na provincia de Pontevedra no que vai de ano ascenden a 160. Anunciaron que presentarán un proposta para rebaixar as taxas municipais dos comercios.

    Os sector comercial sente que o goberno central non está a facer nada ante a desaceleración económica ou crise que está a atravesar o país,xa que non só os transportistas e pescadores se resinten tamén os comerciantes notan dun xeito acusado a baixada das ventas.

    Na comarca do Salnés un 30% que provocou no que vai de ano 160 peches de negocios en toda a provincia. Por iso de maneira individual, cada asociación de comerciantes da comarca do Salnés mandará un escrito que recolle unha rebaixa de taxas municipais Outras tamén son as consecuencias da crise por medio dos peches ilícitos mediante anuncios fraudulentos Para iso solicitarán ós comercios que anuncien peches ou liquidacións se reúnen as licenzas e autorización para executar as campañas liquidatorias.

    Tanto o presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, Carlos Oubiña como o presidente do consorcio queren facer unha chamada ó optimismo e a unión dos comerciantes para saír a flote da situación.

    Redacción Salnés