Comezan os preparativos para o Ano Cabanillas 2009

    dv751_cabanillas_100.jpgCAMBADOS > O Alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, e maila concelleira de Cultura, Anabel Carro, reuníronse…

    … onte co secretario xeral da Consellería de Presidencia, Gumersindo Guinarte Cabada, para darlle conta do que vai a supoñer o Ano Cabanillas 2009.

    Un ambicioso proxecto que se puxo en marcha tras un acordo plenario no que os tres grupos políticos acordaron por unanimidade celebrar este ano cunha cumprida homenaxe a escritor escritor cambadés no 50 aniversario do seu pasamento. Nesta xuntanza os representantes do goberno galego amosaron boa disposición e comprometéronse a colaborar, polo que, a partir de agora, o Concello seguirá recabando apoios para levar a cabo esta iniciativa.

    De agora en diante, o Concello cambadés traballará para compoñer todo o programa de actividades para o vindeiro ano en torno a figura deste escritor; unha planificación na que terán cabida exposicións, treatros, concertos musicais, congresos, conferencias e mesmo unha gran gala que será retransmitida pola canle autonómica.

    Redacción Salnés