Rueda defende en Cambados a lei de ordenación do litoral para ‘garantir o futuro das empresas’

CAMBADOS> Alfonso Rueda defende en Cambados que a nova lei de ordenación do litoral da Xunta de Galicia dará seguridade xurídica a máis de 400 factorías do sector do mar. O presidente da Xunta, destacou que este sector xera máis de 9 mil millóns de euros ao ano e que é necesario que as fábricas e depuradoras se manteñan na cosa sempre e cando cumpran co coidado do medio ambiente. Dende empresas como Mariscos Daporta advirten que a súa permanencia ao lado do mar é clave para a súa supervivencia.

A Xunta de Galicia aprobou recentemente a nova lei de ordenación do litoral. Unha medida que busca dar seguridade ás empresas do sector do mar cuxas instalacións se atopan na liña de costa. O presidente, Alfonso Rueda, achegouse este luns a Cambados para defender esta medida coas empresas do sector.

Rueda matiza que o sector factura máis 9 mil millóns de euros cada ano en Galicia e que da traballo a máis de 40 mil persoas. Defendendo que o propio sector é o primeiro interesado en coidar o medio ambiente.

Dende a Asociación Galega de Depuradoras de Moluscos agradecen que esta lei lles dea seguridade para continuar realizando sen problemas o seu traballo.

Segundo as empresas, o cambio de localización fora da costa, podería supoñer a súa desaparición.

O sector insiste en que a lei do Ministerio de Transición Ecolóxica estaba paralizando ao sector, xa que moitas empresas tiñan medo a investir por se tiñan que abandonar as súas instalacións. Agarda poder seguir traballando con normalidade e remarcar o seu compromiso co coidado do medio ambiente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí