Vivenda e Solo investirá 184.000 euros no barrio Virxe das Mareas

    virxe_mareas100_130608.jpgO GROVE > Xunta e Concello do Grove teñen previsto iniciar este ano a rehabilitación do barrio Virxe das Mareas. O Consello da Xunta autorizou xa un convenio …

    … entre Vivenda e Solo e o Concello para financiar estes traballos, que custarán 231 mil euros.

    A Consellería de Vivenda e Solo investirá en dúas anualidade máis de 184.000 euros nas obras de mellora e acondicionamento do Barrio Virxe das Mareas, no Grove. O investimento total previsto para esta actuación ascende a 231.000 e o restante será achegado polo Concello. Esta actuación materializarase na sinatura dun convenio de colaboración entre ambas administracións, logo de ser autorizado polo Consello da Xunta.

    O obxectivo desta actuación é humanizar o barrio que data de mediados do século XX, mellorando os actuais servizos urbanísticos, dotándoo de novos servizos, eliminar barreiras arquitectónicas e mellorar a comunicación das rúas. As obras consistirán fundamentalmente na renovación das redes de abastecemento de auga, saneamento e pluviais, e ampliación dos servizos coa instalación de novas redes como a de gas. Ademais, colocarase mobiliario urbano para humanizar o entorno, e rematarase a urbanización das rúas e da praza existente, empregando materiais acordes co ámbito e poñendo en valor as vivendas.

    O edil de Vivenda e Solo, Carlos Álvarez, informou que está previsto presentarlle o proxecto ós veciños do barrio e que será entón cando se concrete o calendario das obras, que, en todo caso, empezarán a executarse este ano.

    Redacción Salnés