A CIG quere mobilizar á cidadanía para esixir unha ambulancia medicalizada en O Salnés

    VILAGARCÍA> A área sanitaria de O Salnés segue sen ambulancia medicalizada. A CIG volveu denunciar esta situación, apuntando que pola densidade de poboación e por ser unha zona turística e industrial, a comarca debería contar con este servizo. O sindicato asegura que coa nova adxudicación do servizo, o 061 aforrará máis de 3 millóns de euros, cantidade máis que suficiente para dotar ao Salnés dunha medicalizada. A súa intención é conseguir que os veciños saian á rúa para apoiar a reclamación.

     

    Só seis ambulancias básicas funcionan na área sanitaria do Salnés. A comarca non conta con ningunha medicalizada durante o ano. Só hai unha que na tempada alta de verán ten a súa base en Baltar, no concello de Sanxenxo.

    No 2014, estas ambulancias realizaron 11 mil servizos. Durante o mes e medio que funcionou no verán, a medicalizada atendeu ao redor de 800 emerxencias. A densidade de poboación, que sexa unha comarca industrial e turística e c un elevado número de accidentes de tráfico, fan que O Salnés precise deste servizo.

    A CIG cre que é o momento de dar novo pulo. A proximidade das eleccións poden facer aos gobernos máis permeables ás peticións. Tamén a entrada da nova concesionaria do servizo de ambulancias que, segundo aseguran, fará que o 061 aforre 3 millóns e medio de euros.

    Hai uns meses levaron a súa reclamación aos concellos, cun apoio case unánime dos plenos. Agora, aínda que piden encontros coas xuntas de voceiros dos municipios, queren que os veciños se unan.

    Dende a CIG denunciaron tamén o uso que se fai das ambulancias de Protección Civil, que non contan con medios axeitados nin con persoal cualificado. Segundo o sindicato, só as de Cambados e Vilagarcía realizaron o ano pasado máis de 2.000 servizos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/09/cig_urxencias_hospital_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/09/cig_urxencias_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}