Cambados celebra mañá unha charla de seguridade viaria para adultos

    seguridade100_140208.jpgCAMBADOS > As normas de seguridade viaria non son só para os conductores. Acompañantes e peóns tamén …

    … as teñen que ter en conta para evitar accidentes de tráfico. Disto estase a falar estes días ós escolares de Cambados e mañá haberá tamén unha charla para os maiores. Será no auditorio da Xuventude ás oito da tarde.

    Que a sociedade tome conciencia é a forma de loitar contra os accidentes de tráfico. Así o pensa Manuel Portas, xerente da auto escola Sálvora, e coordinador das xornadas de seguridade viaria que se celebran en Cambados. A maior parte destas actividades están dirixidas a nenos, pero mañá haberá tamén unha charla para maiores.

    Nesta charla incidirase nas normas específicas que ha de seguir calquera conductor, como levar o cinto, non falar polo móbil, non consumir alcol e evitar o exceso de velocidade. Pero tamén se darán consellos ós peóns, especialmente ós máis maiores e ademais, repartiranse chalecos e pulseiras reflectantes, material que está a entregar a Dirección Xeral de Tráfico ós concellos.

    Redacción Salnés