Impártese en Caldas unha nova xornada para a promoción da igualdade

    dv757_caldas_igualdade_100.jpgCALDAS > Esta tarde impartiuse en Caldas unha xornada sobre a Promoción da Igualdade na PEME local, unha iniciativa promovida pola ARD…

    … Ulla-Umia e que se encadra dentro do programa bianual de oportunidades acometido con fondos Leader Plus. Esta tarde as encargadas de impartir as correspondentes dúas poñencias foron as axentes de igualdade, Eliana Bouzas Collazo e Eva Latorre Porto, que falaron da igualdade de oportunidades no seo da Marca de Calidade Territorial UllaUmia e da promoción da igualdade na empresa, respectivamente.

    Esta actividade é das últimas previstas pola organización, dentro do cumprido programa de promoción do emprego e autoemprego nas mulleres, formación, e seminarios en busca dunha maior calidade de vida no marco territorial Ulla Umia.

    A última delas terá lugar o vindeiro venres pola tarde; no mesmo auditorio municipal, e no que se falará sobre calidade medioambiental. Os informes da efectividade deste programa na práctica reflicten datos moi positivos no correspondente ó último trimestre do ano pasado, malia que os últimos deste ano experimentaron certa repercusión da actual crise.

    Redacción Salnés