VILANOVA> Vilanova prepara un proxecto para converter a primeira planta da praza de abastos nun espazo gastronómico. A instalación adaptaríase para dar cabida a diferentes negocios que preparen comida para recoller ou levar a domicilio. O proxecto inclúe unha reforma total do mercado municipal.
O concello de Vilanova prepara un proxecto para reformar a praza de abastos. A proposta inclúe como principal novidade a creación dun gastroespazo na planta superior do edificio municipal. A zona será reformada e habilitada para dar cabida a establecementos gastronómicos.
O novo espazo podería dar cabida ata a 10 establecementos. A idea sería abrilo ao exterior con creación dunha terraza.
O obxectivo é reactivar a vida da praza e convertela nun espazo competitivo.
O proxecto incluiría unha reforma global do mercado municipal.
O alcalde sinalou que os antes de elaborar o proxecto reuniranse cos praceiros.
Segundo o concello, comezarán coa redacción do proxecto no prazo dun mes. A intención é comezar a executalo este ano para que estea rematado ao longo do vindeiro ano.











