Portos de Galicia respalda ós minoristas de Ribeira na necesidade de reabrir a lonxa

    minoristas_100_130608.jpgRIBEIRA > Os comercializadores minoristas de peixe mantiveron unha xuntanza co presidente de Portos para expoñerlle a súa difícil situación.

    {flowplayer}barbanza/minoristas.flv{/flowplayer}

    RIBEIRA > Os comercializadores minoristas de peixe mantiveron unha xuntanza co presidente de Portos para expoñerlle a súa difícil situación. Ante a falla de resposta do goberno ribeirés ás súas peticións, os comercializadores de peixe fresco dedicados á compra – venda ó por menor decidiron acudir á administración autonómica na bisca de solucións.

    Onte reuníronse co presidente de Portos de Galicia para expresar o seu malestar polo peche da rula de Ribeira decretado polo concello en apoio ó paro dos armadores posto que está a impedir que os minoristas realicen o seu traballo ocasionádolle importantes perdas.

    O presidente do ente autonómico comprometeuse a seguir instando á reapertura da lonxa e puxo a disposición dos afectados as probas documentais necesarias no caso de querer formular reclamacións polos prexuízos económicos.

    Transparencia

    Os minoristas consideran que están na posición máis débil da cadea de distribución polo que apelan á sensibilidade do sector e de toda a sociedade ante as dificultades económicas que atravesan por mor da folga. Neste sentido, instan á implantación dunha política transparente de prezos para que os consumidores coñezan o prezo do peixe en orixe.

    Tras dúas semanas de inactividade, os minoristas agardan que o próximo luns a lonxa reabra as súas portas para poder retomar a compra-venda de peixe.

    Redacción Barbanza