O fútbol galego respalda ó Arosa

VILAGARCÍA> A Federación Galega de Fútbol amosa o seu apoio ó Arosa e ao seu presidente. A acusación particular solicita 3 anos de prisión para Manuel Abalo e unha indemnización de 400 mil euros polo accidente sufrido polo utillero en 2015. O club xa pagou preto de 200 mil euros.

O Arosa segue sen poder pechar un dos peores sucesos da súa historia, a caída do utillero Jose Manuel García “Pepe” no 2015. O club xa tivo que indemnizalo con case 200 mil euros ó confirmarse que mantiñan unha relación laboral. A acusación particular abre agora a vía do penal e solicita ó presidente unha pena de 3 anos de cárcere e unha indemnización de 400 mil euros.

Dentro dos 170 mil euros que pide a fiscalía, inclúese unha sentenza do xulgado número 4 de Pontevedra que aumentou o recargo de prestacións do 30 ó 40%.

A directiva da Federación galega quixo mostrar o seu apoio tanto ó Arosa como a Manuel Abalo, ós que consideran un club e un presidente exemplares. Rafael Louzán anunciou que asumirán parte dos custos da defensa e adiantarán á entidade a cantidade que lle corresponde polos dereitos televisivos desta tempada.

O presidente da Federación fixo un chamamento á sensibilidade das administracións e do grupos municipais xa que o Arosa é unha entidade deportiva mentres que o campo é municipal e o traballador era un operario do Concello. O avogado do club espera que o xuízo oral comece antes de agosto.

Comments are closed.