Esta noite en Contrastes…

    Esta semana repasaremos o accidente do Prestige, no 3º aniversario da afundimento, as repercusións económicas e a división social producida pola catástrofe. ¿Estamos preparados hoxe para loitar contra un accidente destas características?

    Ademais falaremos cos nosos convidados doutros temas como a Volvo Ocean Race que botou a andar dende Galicia por primeira vez na historia desta competición. ¿Que valoración farán deste acontecemento social e deportivo os nosos convidados?

    Outro dos temas que trataremos será o da adxudicación a Pontevedra dun Xulgado Mercantil por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial e a decisión posterior da Xunta de Galicia de recorrer esta decisión. ¿Como analizan o recurso da Xunta? ¿Pontevedra é castigada pola Xunta en favor de Vigo?

    Tamén falaremos dos alcaldes do PP que acusan á Consellería do Medio Rural de ‘arbitraria e discriminatoria’ pola anulación de obras concedidas pola anterior Consellería de Agricultura. ¿Cales serán as repercusión económicas?

    Todo isto e máis, esta noite, no programa CONTRASTES.

    Os convidados esta semana son:

    Dña. MARTA RODRÍGUEZ
    Vilagarcía de Arousa.
    D. XOSÉ RAMÓN DURÁN
    Cambados.
    D. JOSÉ VICENTE DOMÍNGUEZ
    Ribeira.
    D. ÁNGEL MARIO LAGO Pontevedra.