O colexio Salustiano Rey Eiras sofre un novo acto vandálico

    destrozoscolexio_100_170608.jpgPOBRA > Nesta ocasión os desaprensivos esnaquizaron con grandes pedras os vidros do novo comedor escolar que se está a construir no centro.

    {flowplayer}barbanza/destrozoscolexio.flv{/flowplayer}

    POBRA > A comunidade educativa do colexio Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal xa non sabe o que facer para evitar que as instalacións do centro educativo sexan o branco das iras dos vándalos. Nesta ocasión os desaprensivos esnaquizaron con grandes pedras os vidros do novo comedor escolar que se está a construir no centro.

    Imaxe lamentable

    Aínda que o pareza non estamos na franxa de Gaza, nin tampouco se trata dun ataque de Hamas a un edificio de calquera cidade israelí. Este é o lamentable estado no que quedaron as cristaleiras do futuro comedor escolar que se constrúe no colexio Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal. Trátase dun novo acto vandálico que sufren as instalacións deste centro educativo pobrés. O enésimo que se produce nos últimos anos. Aínda así a virulencia coa que actuaron os autores neste caso dista moito de episodios anteriores, na maioría dos casos pintadas e restos de botellóns que habitualmente se celebran nas instalacións.

    Retraso nas obras

    A dirección do centro sinalou tamén qua a consecuencia destes feitos as obras que se levan a cabo volverán a sufrir un novo retraso, xa que será necesario cambiar, ademais dos cristais, os marcos das fiestras, que tamén se viron afectados polos impactos das pedras. Aínda así esta circunstancia non impedirá que o comedor poida entrar en funcionamento decara ó vindeiro curso escolar.

    Investigación

    A Garda Civil da Pobra do Caramiñal continúa coas investigacións, coa finalidade de dar co responsable ou responsables dos destrozos.

    Redacción Barbanza