O PP arremete contra a lei de costas cunha campaña divulgativa

    ppcostas_070507__100_1.jpgVILAGARCÍA > A plana maior dos populares da comarca do Salnés reuniuse en Vilaxoán co secretario…

    …xeral do PP de Galicia Alfonso Rueda. O motivo da reunión foi dar o pistoletazo de saída á campaña informativa sobre a lei do litoral. Os populares aseguran que se trata dunha lei arbitraria, improvisada e que traerá nefastas consecuencias.

    Os candidatos populares á alcaldía de Sanxenxo, A Illa, Cambados, Ribadumia, Vilagarcía, O Grove e Vilanova déronse cita en Vilaxoán co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o secretario xeral do PP de Galicia Alfonso Rueda. Aseguran dende o partido que a lei do litoral, ou a lei dos 500 metros como e máis coñecida, é unha lei pensada para estrangular o crecemento dos concellos costeiros. Creen que trátase dunha medida rodeada de escurantismo e feita a espaldas dos concellos.

    O presidente da Deputación , Rafael Louzán, tamén amosou o seu desacordo con esta lei e criticou a ausencia dun estudio pormenorizado de cada caso. Os populares aseguran que se trata dunha campaña divulgativa e non de denuncia.

    Redacción Salnés