Mª Dolores Fernández presidirá a nova xestora do PSOE de Ribeira

    xestorapsoeribeira_100_160608.jpgRIBEIRA > Trala dimisión do secretario xeral da executiva do PSOE, Xosé Vicente Domínguez, unha xestora rexerá a agrupación local de xeito temporal.

    {flowplayer}barbanza/xestorapsoeribeira.flv{/flowplayer}

    O secretario comarcal do PSOE, Blas García, presentou esta fin de semana a nova xestora que presidirá o partido en Ribeira, tal e como establecen os estatutos do partido socialista no caso da dimisión do secretario xeral. Á súa fronte estará María Dolores Fernández, acompañada polos dous representantes socialistas na corporación, Toño Nóvoa e Francisco Mareque. Integrarán tamén o órgano Eva María Lores, Toño Piñeiro, Pilar Dios e José Manuel Suárez así como o propio scretario comarcal, de xeito simbólico.

     A xestora asumirá o control da agrupación local durante un periodo aproximado de tres ou catro meses ata que se convoquen comicios para elixir a nova directiva.

    Total normalidade

    O secretario comarcal resaltou a total normalidade deste órgano que seguerá a traballar como ata o de agora o fixo a executiva en prol da cidadanía de Ribeira.

    Nova etapa

    A composición da xestora abre unha etapa de futuro no partido na que o afán renovador personifícase na mocidade dos seus integrantes.

    Na súa presentación tamén estivo presente o anterior secretario xeral, Xosé Vicente Domínguez, que ocupou o cargo durante máis de seis anos. Os seus compañeiros de filas quixeron agradecerlle o labor realizado neste tempo no que houbo que superar momentos moi complicados para o partido.

    Redacción Barbanza