Un control policial na fin de semana deixa catro denuncias por alcol e drogas en Ribeira

RIBEIRA> A Policía Local, en colaboración co Corpo Nacional de Policía, levou a cabo un control preventivo da alcol e drogas durante a fin de semana, na praza da Concordia, preto da rotonda das Amas de Casa.

O operativo saldouse cun total de catro denuncias por alcol e drogas. Outro condutor foi tamén sancionado por carecer do seguro obrigatorio.

Os axentes procederon ademais á retirada de tres vehículos e produciuse a incautación de diversas doses de cocaína e heroína, así como tamén dun billete falso de 100 euros.