O Julia del Mar descarga 200 contedores na nova terminal de Ferrazo

    contedores100_160608.jpgVILAGARCÍA > O Porto estreou hoxe a súa terminal de contedores. O barco Julia del Mar foi o primeiro en traer unha partida de 200 caixóns.

    {flowplayer}images/salnes/NOVA_TERMINAL_CONTEDORES.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O Porto de Vilagarcía estreou hoxe a súa terminal de contedores. O barco Julia del Mar foi o primeiro en traer unha partida de 200 caixóns ó peirao de Ferrazo que sairán o vindeiro luns cara Canarias, Casablanca e Arxel, cargados con todo tipo de mercadorías. A súa descarga dá traballo arestora a 9 estibadores.

    Os responsables da Autoridade Portuaria quixeron hoxe asistir á descarga do primeiro portacontedores na compaña, entre outros, de representantes de Contenemar e das empresas encargadas de executar esta terminal, Copasa e Dragados. O presidente Javier Gago destacou este como un día histórico para o porto. Gago lembrou as previsións para esta terminal, 80 barcos ó ano cun tráfico mínimo de 20.000 TEUS, ou o que é o mesmo, de 20.000 contedores de 20 pés cada un. O presidente amosouse optimista de superar estes datos incluso neste primeiro ano.

    Javier Gago indicou que o vindeiro mes se sacará a licitación o novo Punto de Inspección Fronteiriza en Ferrazo, cun orzamento de 2 millóns de euros. Ademais, lembrou que en setembro esta ampliación do porto será inaugurada por todo o alto. A xornada de hoxe serviu tamén como despedida do comandante Antonio Jover, que será sustituído o vindeiro 9 de xullo.

    Redacción Salnés