Máis de mil maiores tomaron parte no xantar de confraternidade

     POBRA> O acto estivo presidido polo alcalde, Isaac Maceiras, e contou coa participación do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez.

    {flowplayer}barbanza/xantarterceiraidadepobra13.flv{/flowplayer}

    Máis de mil persoas participaron este mediodía no polideportivo da rúa Venecia na décimo cuarta edición da Festa dos Maiores. A comida estivo presidida polo alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, e contou coa presenza tamén do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez.

    Numerosas autoridades

    No xantar tamén participaron a práctica totalidade dos membros do equipo de goberno, así como os alcaldes de Boiro, Xoán Xosé Dieste, e Porto do Son, Luís Oujo. Tampouco faltaron representantes dos eidos sociais e empresarias, tanto da localidade como de toda a comarca do Barbanza.

    Gran festa

    Como de costume o xantar estivo servido polo restaurante Chicolino e o espazo deportivo estivo totalmente acondicionado para a ocasión polo que os maiores pobreses disfrutaron dunha gran festa.

    Orquestra

    Como non podía ser doutro xeito, despois do xantar a festa prolongouse durante varias horas, cun baile amenizado pola orquestra Suavecito.

    Redacción Barbanza