![]()
BOIRO > O xerente da empresa boiresa Calizas Mariñas vén de ser condenado pola Audiencia de A Coruña a un ano de prisión…
…e a doce meses de inhabilitación profesional por un delito contra o medio ambiente. Os feitos remóntanse ao ano 2005, cando a empresa, que se adicaba a reciclaxe de cuncha de mexillón, foi denunciada por manter un depósito destes residuos nun monte do concello de Lousame.
Malia que a sentencia dicta pena de cárcere, ao carecer de antecedentes penais, J.J.T.C., antigo xerente de Calizas Mariñas, non terá que ingresar en prisión. Ademáis, o empresario vén de recurrir a decisión do tribunal ca interposición dun recurso de casación.
{flowplayer}barbanza/sentenciacalizasmarinas.flv{/flowplayer}
Incumprimento da normativa
Na sentencia ponse de manifesto o incumplimento de varias leis por parte da empresa, ao manter con carácter permanente un depósito de cunchas de mexillón que tiña licenza temporal.
Ademáis a empresa non cumpría determinados requisitos para garantir a correcta xestión destes residuos sólidos que acumulou durante meses nunha parcela situada no ascenso ao monte Iroite.
Malia todo, o alcalde de Boiro, concello onde Calizas Mariñas tiña o seu emprazamento, considera que o xerente debería ter sido condenado como único responsable deste delito ecolóxico.
Fortes cheiros
Calizas Mariñas iniciou a súa actividade no polígono industrial de Espiñeira en Boiro no ano 2004. Aos poucos meses de comezar a funcionar demostrou a súa inviabilidade por mor dos fortes cheiros que producía, denunciados en varias ocasións polos veciños do municipio.
Esta situación obrigou ao concello de Boiro a pechar a empresa en varias ocasións, co fin de que realizara melloras nas instalacións para erradicar os malos olores.
Na actualidade, a empresa está a espera de poder reanudar a súa actividade con todas as garantías, dado que tal e como asegurou o rexedor boirés, a reciclaxe de cuncha de mexillón ofreceu unha solución a un grave problema medioambiental.
Redacción Barbanza









