A Xunta prevé investir 103 millóns de euros na provincia de Pontevedra

    orzamentos_ct_100.jpgPONTEVEDRA> O delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís debullou esta tarde o contido dos orzamentos galegos do 2010 nesta provincia;…

    {flowplayer}images/salnes/211009_orzamentos_provincia.flv{/flowplayer}

    … ós que cualificou de realistas, austeros e afastados da resignación. En total serán 103 millóns de euros os que se apliquen nesta provincia.Malia a contar cun descenso dos ingresos do 12 %, o executivo autonómico prevé un incremento do 1 %. Estes cartos terán especial incidencia en políticas sociais de axuda ós desfavorecidos. Con este documento económico, o goberno galego pretende facer fincapé en políticas de reactivación do emprego. Outro punto destacado destes orzamentos é o capítulo de educación.

     Nos concellos incluídos na área da delegación de Pontevedra investiranse 15 millóns de euros en reparación e reforma de centros educativos, como é o caso do CEIP Xulio Camba de Vilanova de Arousa, así como na construcción de novos centros como acontecerá co CEIP de Vilalonga en Sanxenxo. A Xunta tamén prevé no vindeiro ano a construcción de cadanseu centro de saúde en Caldas de Reis, a Illa ou o Grove entre outros, e a ampliación de zonas portuarias en concellos como a Illa, Combarro en Poio, Cambados, o Grove, Portonovo e Vilanova.

    No apartado do Medio Rural inclúese unha partida de 57 millóns que serán aplicadas, por exemplo, en concentracións parcelarias do Salnés, como é o caso da zona de Baión e Tremoedo, onde o bipartito pretendía construír un macropolígono industrial.

    No eido medioambiental traballarase no saneamento e abastecemento de auga construíndo depuradoras en puntos como o Grove, Ribadumia ou Poio; e no apartado de infraestructuras cabe sobrancear o acondicionamento da estrada entre Caldas e Moraña, e a autovía de Curro a Baión; ou a mellora dos xulgados de Cambados e Vilagarcía e a creación dun novo edificio xudicial en Pontevedra; cidade esta onde se creará unha nova oficina de emprego e se ampliarán as prazas de Centro de Día.

    Redacción Salnés