Unidades especiais con cans de rastrexo buscan a un octoxenario desaparecido dende o mércores

    vellodesaparecido_100_180108jpg.jpgPOBRA > Continúa a busca de Antonio González Santos, un veciño da Pobra de 88 anos , que desapareceu na zona de Cabío o pasado mércores pola tarde.

    A pesar do intenso dispositivo despregado para dar co seu paradoiro, formado por Policía Local, Protección Civil e Garda Civil, así como tamén polos propios veciños da localidade, polo de agora os resultados son insatisfatorios.

    Antonio González leva desaparecido do seu domicilio desde o pasado mércores. Dende que se dera a voz de alarma da súa desaparición por parte dos seus familiares, iniciouse un dispositivo de busca que polo de agora non dou resultados satisfactorios.

    Segundo sinalaron os seus achegados a última vez que viron a Antonio foi a media tarde, cando, como adoitaba facer a cotío, paseaba por unha zona próxima á súa casa.

    Poucas esperanzas

    As esperanzas en poder atopalo con vida son xa practicamente nulas. Esta mañá, ó amplo dispositivo de veciños e forzas de seguridade que veñen participando no operativo de busca, uníuselles tamén unha unidade especial con cans de rastrexo procedentes da Estrada.

    {flowplayer}barbanza/vellodesaparecido.flv{/flowplayer} 

    Redacción Barbanza