Aparece o cadáver dunha muller na praia da Aguieira

    PORTO DO SON> O cadáver dunha muller, duns cincuenta anos, aparecía esta mañá na praia da Aguieira, na parroquia sonense de Nebra. Á espera dos resultados da autopsia, os primeiros indicios apuntan a que a vítima puido morrer afogada. Pasadas as once da mañá, un particular daba aviso ó 112 do tráxico achado. O corpo dunha muller duns cincuenta anos aparecía na praia da Aguieira, no termo municipal de Porto do Son. Inmediatamente desprazáronse ata o lugar efectivos da policía local e da Garda Civil así como un equipo do 061 que tan só puido constatar o falecemento. Tamén participaron no operativo axentes da Policía Xudicial que examinaron o lugar mentres non se procedeu oólevantamento do cadáver. O alcalde e dous concelleiros da corporación persoáronse tamén no lugar para interesarse polo acontecido. Á espera de que a autopsia determine as causas do falecemento, todo parece indicar que a muller puido morrer afogada e a marea desprazou o seu corpo ata a praia. A primeira inspección visual realizada polos axentes determinou que levaba morta poucas horas.