RIANXO> O goberno de Julián Bustelo segue a priorizar a dotación dos servizos básicos a aqueles puntos do municipio que a día de hoxe carecen deles.
A mellora dos accesos a núcleos e a ampliación das redes de abastecemento de auga e saneamento son actuacións para eles prioritarias.
Neste sentido vén de sacar a licitación dúas novas obras. Por unha banda a ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Villanustre, na parroquia de Asados, cun orzamento duns 194 mil, e por outra a instalación da rede de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro, en Taragoña, por algo máis de 90 mil.
Unhas actuacións que sumadas a outras que en breves días se sacarán tamén a licitación ou que están pendentes de iniciarse acadan os 800 mil euros de investimento.











