Diego Calvo supervisa as melloras acometidas na casa consistorial de Porto do Son

PORTO DO SON> O vicepresidente da Xunta visitou esta mañá o concello de Porto do Son para supervisar as melloras acometidas na casa consistorial. Diego Calvo anunciou a inminente convocatoria dunha nova orde de axudas para mellora das infraestruturas municipais.

O concello de Porto do Son renovou boa parte das súas dependencias grazas a unha subvención autonómica que ascendeu a 165 mil euros. Acometeuse a remodelación da área de Servizos Sociais , das oficinas xerais e do xulgado de paz e actualmente están en obras a zona de oficinas do primeiro andar.

O conselleiro de Presidencia, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto tivo ocasión de comprobar o resultado destes traballos que supuxeron non só unha mellora dos servizos prestados á cidadanía senón tamén das condicións de traballo do persoal do concello. Diego Calvo anunciou a nova convocatoria esta mesma semana da orde de infraestruturas como á que se acolleu o pasado ano o concello de Porto do Son.

O concello de Porto do Son volverá optar a estas axudas para financias as fases restantes da remodelación da casa consistorial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí