Oitenta establecementos promocionan ‘Rianxo ó noso xeito’

RIANXO> Ó redor duns oitenta establecementos participan na campaña ‘Rianxo ó noso xeito’. Trátase dunha iniciativa que busca dinamizar a actividade comercial e hostaleira ó tempo que fomenta o uso da nosa lingua. Un logo conformado cos remos da Manuela e a letra de Castelao converteuse na nova imaxe do comercio e da hostalería de Rianxo. Veciños e visitantes poden atoparse con esta estampa distintiva nos panos de mesa de moitos bares e restaurantes así como nas etiquetas de regalo dos comercios. Esta campaña denominada ‘Rianxo ó noso xeito’ non só pretende dinamizar a actividade económica a través da imaxe corporativa senón tamén promover o uso do galego no trato directo cos clientes. Ata o momento o balance da campaña na que participan ó redor de oitenta establecementos está a ser do máis positivo.