O concello recibe 2 millóns de euros de fondos FEDER para o Plan Arousa XXI

    feder100_170608.jpgVILAGARCÍA > O goberno municipal de Vilagarcía ven de mostrar a súa satisfacción pola subvención outorgada polos fondos europeos

    FEDER con valor de 2 millóns de euros destinados á execución do Plan Arousa 21 que contempla entre outras actuacións, a rehabilitación dos cascos históricos de Carril e Vilaxoán ou novas iniciativas como a dotación de transporte público ou a creación dunha páxina web para impulsar o comercio da vila.

    2 millóns de euros procedentes de Fondos FEDER financiarán case ó completo o Plan Arousa XXI cun prazo de execución a 3 anos.O custe total do proxecto ascende a 2.824.000 euros aproximadamente dos cales a diferenza será aportada polo concello mediante subvencións autonómicas e que provocará unha modificación nos orzamentos deste exercicio presentados hai unhas semanas.

    A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García mostraba esta mañá a súa satisfacción pola concesión pola importante mellora para o crecemento da vila O edil de Urbanismo, Marcelino Abuín tamén expresou o seu contento pola subvención, que segundo manifestou non só representa unha importante achega económica e polo tanto un pulo para a cidade senón tamén un respaldo ás políticas propostas polo Goberno de Vilagarcía, xa que esta era unha convocatoria á que optaban outros concellos de toda Galicia.

    Entre as actuacións que contempla o plan Arousa XXI atópase a mellora da Xunqueira, Vista Alegre. Parque de Compostela ademais de novas iniciativas como a dotación de transporte público ou a creación dunha páxina web para impulsar o comercio da vila, todas elas a executar antes do remate do 2010.

    Redacción Salnés