O CIM atendeu o ano pasado a 153 mulleres máis que no 2009

    CIM_VILAGARCIA.jpg VILAGARCÍA> A solicitude de asesoramento xurídico e o apoio psicolóxico foron as prestacións máis demandadas.

    Desde que no 2006 botou a andar o CIM de Vilagarcía, o nivel de usuarios foi incrementado ano a ano. A memoria do 2010 indica que entre novembro do 2009 e outubro do pasado ano atendéronse 766 persoas, un trece e medio por cento máis que no exercicio anterior. A meirande parte son mulleres, preto do 99 por cento, con idades comprendidas entre os 26 e os 45 anos, aínda que destaca o aumento de usuarias de 26 a 35 e de máis de 56 anos.

    No tocante ós servizos ofrecidos polo centro, os máis demandados durante o 2010 corresponderon a asesoramento xurídico, en especial consultas sobre dereito de familia que atinxen a procesos de divorcio ou separación. Tamén se rexistrou un elevado nivel de actividade no departamento de apoio psicolóxico, un 89 por cento das atencións que presta o centro.

    O informe sinala tamén que no ano pasado, 14 mulleres en situación de violencia de xénero requiriron o apoio do Centro, sobre todo para solicitar información.

    Redacción Salnés