Un veciño da Revolta intenta obstaculizar a construción dun vial

    vial_revolta_100.jpgSANXENXO > Este veciño da Revolta, en Sanxenxo, intentou evitar esta mañá co seu coche a continuación das obras desta vía de aceso a uns edificios que se están …

    … a construír na vila. Alegaba que para elo se estaban a empregar unha parte do seu terreo, que forma parte dunha antiga vía de servidume que lle dá aceso a el a outros catro propietarios ás súas vivendas.

    Segundo o veciño durante este tempo existiu unha actitude de favoritismo do concello cara a construtora das vivendas para as que se dispuxo á creación da problemática vía de aceso, e tamén apuntou esta mañá a presión do concello para que cedese o seu terreo. Unhas afirmacións que negaron dende o executivo local.

    O afectado, que xa presentara unha demanda de suspensión da obra de urbanización da vía por considerar a existencia de usurpación de propiedade, que finalmente non admitiu a trámite o xulgado de Cambados, terminou porén asinando hoxe a cesión voluntaria da súa parte do terreo. El era o único dos cinco donos da vía de servidume que aínda non asinara este trámite. Dende o concello aseguran que nunca fixeran uso da súa parte do terreo.

    Redacción Salnés