VILANOVA> Xa teñen o disfrace listo para este entroido? Porque as festas están á volta da esquina. Un dos máis destacados da comarca presentou hoxe o seu programa. O momo de Vilanova terá lugar do 29 de febreiro ao 1 de marzo.
Con moito humor e metidos xa no ambiente do entroido, o concello de Vilanova presentou a programación para o seu Momo 2020. Unhas festas nas que nesta edición a temática queda bastante clara.
O concello ponse o reto este ano de superar a cifra de 2200 persoas desfilando.
O momo 2020 conta como invitados con David Perdomo e Xacobe. Os cómicos coruñés mostrou a súa gratitude e sorpresa por participar nunha festa con tanto humor.
Pola súa parte, Xacobe animou á veciñanza da comarca a achegarse ao momo de Vilanova.
O sábado terá lugar o cannaval, no que as mascotas cobran o protagonismo. Se despois desta presentación non quedou claro a temática deste momo, poderán descubrilo o domingo 1 de marzo a partir das 17 horas. Para as persoas que non podan asistir, o concello retransmitirá en streaming o festival do momo a través do seu facebook.