O Rei impón a Orden ó Mérito Deportivo a Echávarri e Paz

reis250_160709.jpgSANXENXO> Sanxenxo vestíuse de gala para recibir ás SS.MM. os Reis de España. Centos de persoas déronse cita nas inmediacións do Náutico para ver de preto a Don Juan Carlos, Dona Sofía e ó gran número de autoridades que estiveron presentes no acto. Os monarcas acudiron a Sanxenxo en visita oficial para entregar a Fernando Echávarri e Antón Paz as Medallas de Ouro ó Mérito Deportivo.

{flowplayer}images/salnes/ReisSanxenxo_160709.flv{/flowplayer} 

Auténtico desfile de autoridades e de persoeiros do mundo do deporte o que se deu cita onte no Náutico de Sanxenxo. Arroupados por centos de persoas e por unhas extremas medidas de seguridade, os primeiros en chegar foron os galardoados Fernando Echávarri e Antón Paz. Xunto a eles estiveron en todo momento Jaime Lissavetzky,  Secretario de Estado para o Deporte, e o seu homónimo para Galicia, José Ramón Lete.

Ás 21:00 e entre aplausos chegaba Alberto Núñez Feijóo. O Presidente da Xunta de Galicia exerceu de anfitrión xunto a Pedro Campos e presentou ós Reis o resto de autoridades unha vez fixeron a súa entrada no Náutico un cuarto de hora máis tarde.

Don Juan Carlos amosouse visiblemente emocionado no momento no que se fundíu nun abrazo con Echávarri e Paz. Logo foi saudando un por un ós membros de equipo Telefónica tamén convidados ó acto.

Xa no interior, as Súas Maxestades deixaron constancia do seu paso polo Náutico asinando no libro de Honor. Tras un percorrido polas instalacións, chegou o momento máis agardado: a imposición das Medallas á Real Orden o Mérito Deportivo, un dos maiores galrdóns co que un deportista español pode ser distinguido.

O 22 de Abril os Reis entregáranas o resto dos premiados; Fernando e Antón non as puideran recoller por estar a disputar a Volvo Ocean Race. Sen dúbida o que máis agradeceron os galardoados foi o xesto que os monarcas tiveron con eles ó traerllelas aquí, á súa terra.

Trala cerimonia de entrega dirixida por Jaime Lissavetzky, os convidados desfrutaron nunha cena no propio Real Club Náutico.

Redacción Salnés