O sector mexilleiro afirma que a Lei de Pesca garante o seu futuro

    bateeiros100_190608.jpgVILAGARCÍA > A Lei de Pesca garante o futuro dos bateeiros. Así o di a Comisión do Sector Mexilloeiro, que negocia o articulado do anteproxecto.

    {flowplayer}images/salnes/bateeiros.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > A Comisión do Sector Mexilloeiro para a negociación do articulado no anteproxecto da Lei de Pesca espuxo os avances acadados dende que fora constituída o ano pasado. Neste tempo representaron os intereses xerais do sector ante a Xunta e afirman que lograron avances no borrador de Lei de Pesca. Segundo indican pronto se traducirán na participación activa da comisión no desenvolvemento regulamentario do Decreto. O organismo asegura que o goberno autonómico aceptou as medidas para impedir que as grandes empresas desplacen ós productores galegos.

    Agora, ultiman o regulamento que fixará os criterios para renovar as concesións das bateas. Nuns 15 días farán público o desenvolvemento do regulamento do Decreto ante todos os bateeiros, cuestión sobre a que ata o de agora mantiveron silencio sepulcral para evitar interferencias que puideran prexudicar ao sector. Dende a comisión aseguraron que esta negociación é, en realidade, unha demanda que o sector ven facendo dende fai moitos anos en base xa á Lei de Pesca que está en vigor dende o ano 1993.

    Redacción Salnés