VILAGARCÍA > A xornada non puido ir peor en baloncesto. Derrotas tanto para Extrugasa como para Inelga, pese a que os dous mantivéronse con opcións de vctoria ata o final. Preocupantes ambas situacións porque os dous conxuntos vilagarciáns quedan situados na parte baixa da táboa.
Mal pintan as cousas para o Extrugasa. Van ter que cambiar moito se é que este ano non queren sufrir ata o final. A día de hoxe son penúltimas da clasificación xeral e descenderían.
O sábado sumaron a súa sexta derrota consecutiva en liga ante o Soller Joventut Mariana (65-75) e polo tanto continúan sen gañar como local este ano.
Os erros voltaron a ser, en liñas xerias, prácticamente os mesmos. A defensa non funcionou de todo mal, pero o ataque foi nefasto en moitas fases do encontro; o equipo vivíu a rachas, fáltalle continuidade anotadora e unha xogadora de calidade que poida asumir a responsabilidade e tirar de carro en determinados momentos. Viven á base da inspiración dalgunha das súas xogadoras.
Mandisa Stevensson mantivo ó equipo na primeira metade á que se foron doce abaixo ó descanso. As diferencias chegaron a ser de 16 puntos mediado o terceiro cuarto, 30-46, pero ahí, entonáronse as exteriores que anotaron catro triples case consecutivos asinando un parcial de 15-0 que as metía de cheo na loita polo triunfo.
Miriam Herrera, a capitana, erexíuse na líder do equipo no último cuarto, pero de novo os erros nos lanzamentos sinxelos, as perdas de balón e o bo facer do Soller, evitou que a victoria se quedara na casa.
Agora agarda La Seu D’Urgel, partido clave o vindeiro sábado, contra un rival dos de abaixo. Antes, o xoves, toca certificar o pase ós dezaseisavos de final da Eurocup ante o Coimbra, pese a que a participación e o cansancio por xogar esta competición esté a repercutir nos resultados ligueiros.
Na Liga EBA, o Inlega sucedeulle algo similar e tamén caeu por cinco puntos de fierencia, 74-69 na cancha do Zamora, co que sumou a súa terceira victoria conecutiva e continúa cuarto pola cola na xeral.
Un partido que tivo moitas alternativas no marcador pero no que o maior acerto dos locais nos minutos finais fixo a victoria quedase na casa. O Inelga agarda a visita a vindeira semana a Fontecarmoa do segundo clasificado, o Santurtzi.
Redacción Salnés