Pleno de victorias para os equipos do Salnés na Preferente

SALNÉS> A de onte foi unha xornada case que histórica. Os catro equipos do Salnés acadaron a victoria. O Portonovo recuperouse ante o Barbadás, Céltiga e Arosa achéganse á cabeza mentres que o Ribadumia sigue ó seu e continúa sendo colíder.

Tan só o Pontellas é quen de seguir o ritmo do Ribadumia que sumou a súa terceira victoria da temporada. Desta volta ante o Barco (1-0), que chegaba á cita líder e que demostrou ser un equipo ben traballado. Sen embargo, un tanto de Miguel Cobas ós 22 minutos á saída dun corner sería suficiente para doblegar ós ourensáns. O bo traballo colectivo permitíu os de Pablo Vázquez reter os tres puntos.

Imparable segue o Céltiga que camiña terceiro na táboa logo de impoñerse 0-2 en Mondariz. Nacho abríu a lata ós 15 minutos pero ós da Illa tocoulles sufrir, sobre todo no segundo tempo, logo da expulsión de Oscar Río. Sen embargo a victoria non se escaparía e Rubén poría a puntilla preto do 90.

Terceira victoria consecutiva para o Arosa que pouco a pouco vai collendo o ritmo de competición e xa é quinto na xeral. Sen brillantez pero con moito oficio e seguridade defensiva os de Lino González leváronse o triunfo de Marín, grazas a un solitario tanto de Josiño no inicio do segundo tempo.

Balsámico triunfo do Portonovo que liderado por Óscar Guimeráns doblegou ó sempre complicado Barbadás. O canteirán portonovés anotou o primeiro tanto, un auténtico golazo dende fora da area. O encontro quedou decidido no inicio do segundo tempo coa expulsión do visitante César e o gol en propia de Ismael. Con 2-0 e un home máis foi coser e cantar para os de Casais que sentenciaron o partido a dez para o remate co terceiro, obra de Ero.

Redacción Salnés