O PP de Vilagarcía critica o actual modelo de ciclovías e propón un novo afastado dos vehículos

VILAGARCÍA> O PP de Vilagarcía critica o modelo de ciclovías do goberno local. Os populares móstranse a favor de peonalizar a vila e fomentar o uso da bicicleta pero sen afectar aos accesos nin botar aos vehículos. Propoñen a Ravalle que modifique o proxecto de ciclovías e que cree itinerarios seguros lonxe dos vehículos.

O sistema de ciclovías que está a implantar o goberno de Vilagarcía non gusta ao Partido Popular local. Dende a oposición, os populares consideran que o modelo actual non se axusta ás necesidades dos Vilagarcíans.

Os populares advirten que se se eliminan os vehículos do centro deixarase de lado á xente das parroquias e das vilas veciñas.

Segundo o partido popular, o modelo de ciclovías do concello xa está a pasar factura a comercios e hostalería.

Ademais engaden que os custos están sendo maiores dos previstos. Os populares tamén se valen dun informe da policía para denunciar que o mal estado das ciclovías están causando problemas á veciñanza.

Os populares temen que as seguintes fases dos proxectos poidan causar aínda máis problemas a Vilagarcía, por iso propoñen un modelo de ciclovías con itinerarios máis seguros afastados dos vehículos.

Con todas estas críticas, o partido popular pon en dúbidas a utilidade que poida ter a elaboración do pemus que contratou o goberno de Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí