O Salnés recibe 7 millóns de euros do Plan Anticrise da Deputación

    louzan_anticrise100.jpgSALNÉS> A comarca do Salnés recibirá uns 7 millóns de euros do Plan Anticrise da Deputación de Pontevedra, que se destinarán …

    … a un total de 55 actuacións.

    Ribadumia é o concello que máis diñeiro recibe, máis dun millón de euros, que irán para a mellora da seguridade viaria na estrada provincial 9305 no tramo Freixo – Leiro, para o tanatorio e para o pavillón de deportes. Séguelle Vilagarcía, con outro millón de euros, que destinará a abastecemento, pavimentación e renovación de tubaría.

    En Cambados, o investimento supera os 900 mil euros e dirixirase a pavimentación de camiños e ó saneamento e ampliación da rede de sumidoiros nas parroquias de Corvillón, Castrelo e Vilariño. No Grove acometeranse obras por valor duns 890 mil euros, tales como a base de protección civil, pluviais e fecais en Monte da Vila, así como servizos en Lordelo. Tamén se renovará o pavimento en pistas, urbanizarase Virxe das Mareas e farase un circuíto de ximnasia en San Vicente, entre outras obras.

    Meaño recibirá 728 mil euros para a mellora do mercado, pavimentación, recollida selectiva e parques públicos. Meis, pola súa banda terá unha axuda de 644 mil euros, que destinará ó campo de fútbol e o pavillón, saneamento e iluminación, e tamén para por en marcha os centros sociais de San Salvador e Vilanoviña.

    A Illa obtivo uns 590 mil euros que investirá integramente en infraestruturas e beirarrúas na rúa Franqueira. Para Sanxenxo irán 426 mil euros para a humanización das rúas Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol, mentres que Vilanova investirá os 413 mil euros que lle dá a Deputación en pavimentación de vías e camiños municipais.

    Redacción Salnés