“Máis zapatillas, menos pastillas”

    Máis Zapatillas, menos pastillas. É o obxectivo que Cambados lle propón para os maiores do seu concello e de toda a comarca. Por iso é o lema da Andaina Solidaria para a terceira idade que terá lugar o domingo 30 de xullo, onde o recadado irá destinado a axudar a enfermos de alzheimer .Esta mañá presentouse no concello cambadés. Unha boa noticia para todos aqueles maiores de Cambados e concello da comarca do Salnés, que estean desexando deixar a un lado as pastillas. Qué mellor opción, que coller as zapatillas e gozar dunha camiñata entre amigos, á que ademais poden asistir con toda a familia. O plan que lles propón o Concello de Cambados é para o domino 30 de xullo, aínda están a tempo de anotarse, e chámase Andaina Solidaria, Máis zapatillas, menos pastillas. Non é unha andaina máis. O organizador da andaina, destacou esta mañá que o mellor disto, é coidar a saúde ó tempo que nos divertimos. E advertiu, que á cita están chamados tódolos membros da familia. Ademais, charlas sobre o coidado do físico e da alimentación…O epicentro do evento será na praza de Fefiñáns, e a andaina será de 2,5 quilómetros polo centro da vila, moi asequible, para que asistan non só aqueles maiores que estean acostumados a camiñar, senón todos os que decidan animarse. E quen mellor para dar consellos de cómo coidarse, que eles, os maiores, porque as asociacións municipais de xubilados tamén participan no evento. O que se consiga, a través dos spónsor e de doazón directo o día do evento, xa que a inscrición na andaina é gratuita, irá destinado a AFASAL, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer. A organización disporá 3 liñas de autobuses, que pasarán por Vilagarcía, Vilanova, a Illa, Ribadumia, Meis, O Grove, Sanxenxo e Meaño, para que non quede un maior da comarca do Salnés sen poder asistir o 30 de xullo a esta andaina en Cambados. Así que xa o saben, a deixar as pastillas, e todos, a poñelas zapatillas .