PONTECESURES> O grupo de goberno de Pontecesures non atravesa o seu mellor momento. O grupo ACP que forma goberno co BNG está considerando un novo pacto con outro partido para dirixir o Concello. Segundo Luís Sabaríz, Concelleiro de ACP existen moitas diferencias entre os dous grupos debido a falla de respecto dos nacionalistas.
O grupo ACP está moi resentido cos nacionalistas despois de que estes enviaran os veciños a información dunhas obras poñéndose a eles como únicos protagonistas. Segundo o concelleiro de ACP, Luís Sabariz, a realización desas obras é o resultado do traballo dos dous partidos.
Deste xeito o ACP non dubidará en iniciar xestións con outros grupos políticos para formar outro goberno en Pontecesures.
O alcalde non quixo contestar a estas afirmacións considerando un tema de ciumes a actuación do UPC.
Redacción Salnés