A Delegada de Industria presenta medidas que regularán o comercio galego

    CAMBADOS> A Delegada de Innovación e Industria,  Montserrat Prado, analizou en Cambados a situación do actual comercio en Galicia e na comarca de O Salnés mediante unha charla desenvolvida no Centro Comarcal Exposalnés. Do mesmo xeito expuxo os comerciantes e empresarios presentes as iniciativas que se levarán a cabo dende a Consellería para unha mellor regularización do sector.

    O Centro Comarcal , Exposalnés, de Cambados foi o centro dunha xuntanza de empresarios e comerciantes coa delegada de Innovación e Industria, Montserrat Prado. Despois de analizar a situación do pequeno comercio no Salnés na actualidade, a delegada procedeu a presentar as medidas da  administración, que se implantarán no vindeiro trimestre, para regular o sector. Deste xeito a Consellería está a traballar en medidas lexislativas que regulen entre outras cousas os horarios comerciais de toda Galicia. 

    Outro dos temas que se trataron nesta reunión foi a regulación das grandes areas comerciais a través da remodelación da lei de comercio Interior. Para a  implantación destes centros deberanse valorar o número de poboación e o número de pequenos comercios establecidos na zona. Ademais crearase un corpo de inspectores de comercio para asegurar o cumprimento da normativa das leis que se establezan.

    Redacción Salnés